• Galician (Galego)
  • Español (spanish formal Internacional)
 
   Inicio Coñece Bande Situación
 
Situación

O Concello de Bande atópase no interior da provincia de Ourense pertencente á Comunidade Autónoma de Galicia dentro de España. Localízase a uns 40 Km da capital da provincia, Ourense, e o seu principal acceso dende a devandita é a OU-540.

Sobre unha extensión relativamente importante de superficie de 99,4 km²  configúrase un territorio cunha altitude máxima de 1.140m. e unha mínima de 558m.
Posúe un clima húmido, bastante chuvioso, de temperaturas suaves e agradables no verán e baixas en inverno, cunha media anual de 13,1ºC.
Encontrámonos ante unha zona granítica moi antiga, accidentada e ademais moi regada: río Cadós, río Badella e río Limia eixe vertebral da comarca e vía de penetración de pobos e culturas.

 

Localización de Galicia

 


 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Comarca da baixa limia

Bande pertence á comarca da Baixa Limia limitando con Lobeira e Muiños dentro da súa propia comarca; Tamén é limítrofe cos concellos de Verea, comarca Terras de Celanova, Porqueira e Rairiz de Veiga pertencentes á comarca da Limia.