• Galician (Galego)
  • Español (spanish formal Internacional)
 
   Inicio
 
Adxudicación de contrato de obras "Espazo de emprendemento comercial mercado do xurés" PDF Imprimir Correo-e
Domingo, 06 Novembro 2016

ANUNCIO NO PERFIL DO CONTRATANTE

ADXUDICACIÓN DE CONTRATO DE OBRAS

Mediante acordo da Xunta de Goberno Local de data 25 de outubro de 2016 adxudicouse o contrato de obras de “Espazo de emprendemento comercial, mercado do xurés”, de conformidade co establecido no artigo 151 do Real Decreto Lexislativo 3/2011, polo que se aproba o texto refundido da Lei de Contratos do Sector Público, publícase a adxudicación no perfil de contratante.

1) Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Bande.

b) Número de expediente: 13/2016.

2) Obxecto de contrato.

a) Tipo de contrato: obras.

b) Descrición: Espazo de emprendemento comercial mercado do xurés.

3) Tramitación, procedemento.

a) Tramitación: Urxente.

b) Procedemento: Procedemento negociado sen publicidade.

4) Prezo do contrato.

a) Prezo: 77.723,00€ (64.233,88€ e 13.489,12€ de I.V.E.).

5) Adxudicación.

a) Data: 25-10-2016.

b) Contratista: Rural Consulting S.L.

c) Nacionalidade: Española.

b) Importe de adxudicación: 77.500,00€(64.049,58€ e 13.450,42€ de I.V.E.).

d) Prazo de formalización do contrato: 8 días hábiles contados desde o seguinte ó da recepción da notificación de adxudicación.

Bande, 26 de outubro de 2016.

O Alcalde

Asdo.: José Antonio Armada Pérez.