• Galician (Galego)
  • Español (spanish formal Internacional)
 
   Inicio
 
Convocatoria presentación de solicitudes para bolsa de emprego "Servizo de axuda no fogar" PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 25 Maio 2016

ANUNCIO

Mediante acordo da Xunta de Goberno Local de data 19 de maio de 2016 aprobouse a convocatoria para presentación de solicitudes para formar parte da bolsa de contratación do Concello de Bande para servizo de axuda no fogar e atención a dependentes.

Clase de persoal: Laboral temporal.

Prazo de presentación de solicitudes: sete días naturais seguintes ao da publicación do presente anuncio de convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Ourense.

Prazas: auxiliares de axuda no fogar e atención a persoas dependentes.

Os modelos de solicitude e demais información complementaria pódese consultar nas bases da bolsa de emprego publicadas na páxina web do Concello de Bande www.concellobande.com e no taboleiro de edictos municipal.

Bande, 23 de maio de 2016.

O Alcalde

Asdo.: José Antonio Armada Pérez.