• Galician (Galego)
  • Español (spanish formal Internacional)
 
   Inicio
 
XXI Encontros de Teatro PDF Imprimir Correo-e
Martes, 10 Maio 2016

Un total de 16 centros escolares e grupos amateurs de toda a provincia participarán nos Encontros de Teatro Escolar e Amateur que anualmente se celebran no Concello de Bande. Este evento, que este ano descorre pola súa XXI edición, conmemora o 17 de maio, Día das Letras Galegas. As obras presentadas han de estar escritas integramente en galego recibindo tódolos centros participantes un premio en metálico e diploma de participación.

Como non podería ser doutra maneira, os escolares pertencentes aos centro colaboradores, CEIP Xoaquín Lourenzo e o IES Aquis Querquernis, levan meses volcados nesta actividade, pois son partícipes directos deste certame coas súas respectivas obras teatrais “o oso que non o era” e “o pauto e sucesos”.

A inauguración destes encontros terá lugar o mércores día 18 de maio ás 10:00h. no salón de actos do CEIP Xoaquín Lourenzo. Descargar programa.