• Galician (Galego)
  • Español (spanish formal Internacional)
 
   Inicio
 
Anuncio da Convocatoria de procedemento aberto para a adxudiacicón da explotación do servizo de bar das piscinas municipais PDF Imprimir Correo-e
Venres, 19 Xuño 2015

EDICTO

Conforme ao acordado pola Alcaldía mediante resolución de data 18 de xuño de 2015, por medio do presente anuncio efectúase a convocatoria do procedemento aberto, atendendo á oferta economicamente máis vantaxosa, como único criterio de adxudicación o prezo ofertado, para a adxudicación do contrato administrativo especial de explotación do bar da piscina municipal, conforme os seguintes datos:

1. Entidade adxudicadora: Datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo:Concello de Bande

b) Dependencia que tramita o expediente:Secretaría

c) Obtención de documentación e información:

1) Dependencia:Concello de Bande

2) Enderezo:R/ San Roque nº 2

3) Localidade e código postal:Bande,32840

4) Teléfono:988443001

5) Telefax:988443430

6) Correo electrónico: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

7) Enderezo da Internet do perfil do contratante:www.concellobande.com

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: Contrato administrativo especial

b) Descrición:explotación do bar das piscinas municipais.

e) Prazo de execución/entrega:Dende a formalización do contrato ata o peche das piscinas municipais

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación:Urxente

b) Procedemento:Aberto

c) Tipo de licitación:290€ máis IVE(a alza)

d) Criterios de adxudicación: Maior prezo ofertado

4. Garantías esixidas.

Provisional : non se esixe.

Definitiva (%): 5% da adxudicación.

5. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación:Non se require

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: Acreditarase polos medios previstos no prego de cláusulas.

6. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación:Ata as 14 horas do 8º dia natural posterior á publicación deste anuncio na páxina web.

b) Lugar de presentación:

1. Dependencia:Rexistro Xeral do Concello de Bande

2. Enderezo:R/ San Roque nº 2

3. Localidade e código postal:Bande, 32840

7. Apertura de ofertas: Ás 10 horas dentro dos 3 días hábiles seguintes ao remate da presentación de ofertas.

Bande 18 de xuño de 2015

O alcalde

Asdo.: José Antonio Armada Pérez