• Galician (Galego)
  • Español (spanish formal Internacional)
 
   Inicio
 
Formalización de contrato de subministración para “Renovación de instalación de iluminación exterior na Rúa Campo da Feira e Rúa San Roque” PDF Imprimir Correo-e
Venres, 07 Novembro 2014

FORMALIZACIÓN DE CONTRATO DE SUBMINISTRACIÓN

Mediante acordo da Xunta de Goberno Local de data 5 de agosto de 2014 aprobouse a adxudicación do contrato de subministración para “Renovación de instalación de iluminación exterior na Rúa Campo da Feira e Rúa San Roque”, de conformidade e co establecido no artigo 154 do Real Decreto Lexislativo 3/2011, polo que se aproba o texto refundido da Lei de Contratos do Sector Público, publícase a formalización do contrato no perfil de contratante.

1) Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Bande.

b) Número de expediente: 3/2014.

2) Obxecto de contrato.

a) Tipo de contrato: Subministración.

b) Descrición: Renovación de instalación de iluminación exterior na Rúa Campo da Feira e Rúa San Roque

3) Tramitación, procedemento.

a) Tramitación: Urxente.

b) Procedemento: Procedemento negociado sen publicidade.

4) Prezo do contrato.

a) Prezo: 60.000€ (49.586,78€ e 10.413,22 de I.V.E.).

5) Adxudicación.

a) Data: 05-08-2014.

b) Contratista: Instalaciones Alfedi, S.L.

c) Nacionalidade: Española.

b) Importe de adxudicación: 60.000€ (49.586,78€ e 10.413,22 de I.V.E.).

d) Data de formalización do contrato en documento administrativo: 7 de agosto de 2014.

Bande, 5 de novembro de 2014.

O Alcalde

Asdo.: José Antonio Armada Pérez.