• Galician (Galego)
  • Español (spanish formal Internacional)
 
   Inicio
 
Contratación do bar do pavillón municipal PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 02 Xullo 2014

Prego de cláusulas para a contratación do bar do pavillón municipal

Anuncio para a contratación do bar do pavillón municipal

Conforme ao acordado pola Xunta de Goberno Local en sesión celebrada o dia 27 de xuño de 2014, por medio do presente anuncio efectúase a convocatoria do procedemento aberto, atendendo á oferta economicamente máis vantaxosa, como único criterio de adxudicación o prezo ofertado, para a adxudicación do contrato administrativo especial de explotación do bar do pavillón municipal, conforme os seguintes datos:

  1. Entidade adxudicadora: Datos xerais e datos para a obtención da información:
    a) Organismo:Concello de Bande
    b) Dependencia que tramita o expediente:Secretaría
    c) Obtención de documentación e información:
    1) Dependencia:Concello de Bande
    2) Enderezo:R/ San Roque nº 2
    3) Localidade e código postal:Bande,32840
    4) Teléfono:988443001
    5) Telefax:988443430
    6) Correo electrónico: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
    7) Enderezo da Internet do perfil do contratante: www.concellobande.com
  2. Obxecto do contrato:
    a) Tipo: Contrato administrativo especial
    b) Descrición:explotación do bar do pavillón municipal.
    e) Prazo de execución/entrega:Dende a formalización do contrato ata o 15 de setembro.
  3. Tramitación e procedemento:
    a) Tramitación:Urxente
    b) Procedemento:Aberto
    c) Tipo de licitación:105€ mais IVE(a alza)
    d) Criterios de adxudicación: Maior prezo ofertado
  4. Garantías esixidas.
    Provisional : non se esixe.
    Definitiva (%): 5% da adxudicación.
  5. Requisitos específicos do contratista:
    a) Clasificación:Non se require
    b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: Acreditarase polos medios previstos no prego de cláusulas.
  6. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:
    a) Data límite de presentación:Ata as 14 horas do 8º dia natural posterior á publicación deste anuncio na páxina web.
    b) Lugar de presentación:
    1. Dependencia:Rexistro Xeral do Concello de Bande
    2. Enderezo:R/ San Roque nº 2
    3. Localidade e código postal:Bande, 32840
  7. Apertura de ofertas: Ás 10 horas dentro dos 3 días hábiles seguintes ao remate da presentación de ofertas.


Bande, 30 de xuño de 2014
O alcalde
José Antonio Armada Pérez