• Galician (Galego)
  • Español (spanish formal Internacional)
 
   Inicio
 
Contrato de alquiler de local para Centro de Día PDF Imprimir Correo-e
Martes, 29 Outubro 2013

Mediante acordo da Xunta de Goberno Local de data 14 de outubro de 2013 aprobouse a adxudicación do contrato de arrendamento de local para centro de día, de conformidade co establecido no artigo 151 do Real Decreto Lexislativo 3/2011, polo que se aproba o texto refundido da Lei de Contratos do Sector Público, publícase a adxudicación do mesmo.

1.     Entidade adxudicadora

a)     Organismo: Concello de Bande.

2.     Obxecto de contrato:

a)     Tipo de contrato: Arrendamento de local

b)     Descrición: Arrendamento de local de 250 m2, sito en planta baixa do inmoble da praza da Constitución nº 2 de Bande.

3.     Tramitación, procedemento, duración

a)     Tramitación: Ordinaria.

b)     Procedemento: Procedemento negociado con publicidade.

c)     Duración: 10 anos.

4.     Prezo do contrato

a)     90.750€( 75.000€ e 15.750€ de I.V.E.)

5.     Adxudicación

a)     Data: 14/10/2013

b)     Contratista: "O soño de VeLuMe s.L."

c)     Nacionalidade: Española.

d)     Importe da adxudicación: 90.750€ (75.000€ e 15.750€ de I.V.E)

e)     Prazo de formalización do contrato: 15 días hábiles contados dende o seguinte ó da recepción da notificación de adxudicación.